O Paseo da Corredoira acollerá este domingo, 3 de abril, a partir das 11h, o Festival do Meixón organizado polo Concello de Tui coa colaboración de distintos establecementos de hostalería da cidade. Na carpa instalada neste céntrico paseo os cociñeiros de varios restaurante locais serán os encargados de preparar 500 racións deste produto, servidas en cazola de barro e acompañadas de pan e viño albariño. O prezo da ración é de 40€, podéndose adquirir xa os tíckets en venda anticipada no Novo Cabalo Furado, no Cruceiro do Monte, en Jaqueyvi, Café Museu, Pórtico, El Cielo, La Gran Manzada e Café Boby. Tamén estarán á venda o propio domingo no recinto da festa.
Deste xeito dende o Concello de Tui apóstase pola recuperación deste evento gastronómico tras varios anos sen celebrarse.
De forma paralela en 25 locais de hostalería e restauración estase a celebrar ata o próximo luns, 4 de abril, a Semana Gastronómica de San Telmo, na que se ofrecen produtos do Miño como o propio meixón, lamprea, ou sábalo en distintas preparacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário