O Concello de Tui prosegue a realizar distintas iniciativas para dar a coñecer a figura e a obra do tudense Rosendo Salvado. Nesta liña de actuacións está a colaboración establecida coa Embaixada de España en Canberra e a ANU School os Music que organiza o programa “De Rosendo a Rosendo” en Australia. Trátase dun evento no que ao través da música se traza unha liña entre o rockeiro Rosendo Mercado,e o bispo tudense Rosendo Salvado. Precisamente no marco deste ciclo están os concertos que a pianista tudense Andrea González ofrecerá este sábado na abadía de Nova Nursia, fundada no seu día por Rosendo Salvado, e o 1 de abril na universidade Canberra interpretando composicións do bispo tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário