quinta-feira, 2 de junho de 2016

Abertas as inscricións para a V Eurocidade 10 que se celebrará p 12 de xuño

Este ano agardase superar os oitocentos participantes
O Club Atletismo Tui-Thermalia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organizará o día 12 de xuño a “V Eurocidade 10”, proba atlética de dez quilómetros. A saída será ás 11h dende o Paseo da Corredoira de Tui, onde volverán os participantes tras completar o percorrido.  
As inscricións xa están abertas ata o mércores 8 de xuño, a través da páxina de ChampionChip Norte, a un prezo de 4€ máis 1€ de aluguer do chip. Nesta edición agárdase superar os 800 atletas.
Este ano haberá premios económicos para os tres primeiros e primeiras clasificadas da categoría absoluta, así como agasallo de participación para todos os deportistas. Como nas edicións pasadas en que a saída foi dende Tui, a Asociación Avelaiña da Guarda será a encargada da realización dos trofeos para os primeiros de cada categoría, realizando uns diseños especiais para esta proba da Eurocidade.
Toda a información está accesible na páxina do Club Atletismo Tui, https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/
Inscricións en https://championchipnorte.com/evento?search=eurocidade

Sem comentários:

Enviar um comentário