As
solicitudes presentaranse ata o 10 de xuño na secretaría
do Concello de Tui
Abriu o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2016
organizado polo Concello de Tui. Este ano celebrarase en dúas
quendas: a primeira do 11 ao 27 de xullo e a segunda do 28 de xullo
ao 12 de agosto.
A
presentación de solicitudes, e documentación, realizarase na
secretaría do Concello de Tui do 1 ao 10 de xuño.
Estes
campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades
comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de
cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa
lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co
desenvolvemento destes campamentos,
preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan
durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e
laboral.
O
prezo do campamento será o mesmo que nas
edicións pasadas, estando establecido por quenda 30,56€.
Toda a
información pode consultarse na web www.concellotui.org
ou na secretaría do Concello de Tui.
Consultar
Condicións
xerais – Impreso
de Solicitude
Sem comentários:
Enviar um comentário