Pequena Área situada nun dos límites do Parque Natural Monte Aloia, ten tamén a particularidade de estar situada moi próximaao inicio da Senda dos Muiños do Río Tripes, unha senda de gran atractivo entre as moitas de que dispón o parque e na que se celebra no mes de maio a festa “ Os nosos fariñeiros, burros e muiños” organizada pola asociación muiñeiros do ríoTripes e que vai xa pola XIII edición. http://muineirosdotripes.blogspot.com.es/
Conta esta área cuns módulos no parque infantil, por ser moi antigos están xa algo deteriorados.
Neste lugar, festéxase polos veciños e forasteiros cada 23 de xuño o San Xoán coa tradicional fogueira, na que non faltanas sardiñas e o viño todo de balde, alomenos ata o de agora.
En tempos (35 anos máis ou menos) chegouse a celebrar neste lugar a festa dos Carozos, con misa de campaña, poxas, rosquilleiras, etc.
Conta esta área tamén con lavadoiro cuberto cun tellado, e na súa vexetacion destaca un plataneiro de sombra, un piñeiro do país de gran envergadura asi como diversas árbores exóticas e autóctonas.
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Reis
Lugar: Circos
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 527748 Y 4656489
Instalacións: - Acceso a persoas con discapacidade
- Fonte de auga potable
- Bancos e mesas
- Asadores
- Parque infantil
Acceso: Coche: Si Autobús : Si
in ANABAM
Sem comentários:
Enviar um comentário