domingo, 5 de junho de 2016

Área recreativa Muiños do Deique Monte Aloia

Área ao carón do rio Deique, na zona coñecida como Muiños de Paredes, por existir varios na zona, que foron restaurados ala polo 1992, son un dos atractivos principais deste lugar.
Tamén ten unha presa de regadío no río Deique que embalsa a auga durante o verán embelecendo o lugar. O arborado desta Área é principalmente de piñeiro americano e, en menor medida, de bidueiros, salgueiros e amieiros. Todos estes aspectos fan desta Área un lugar moi pintoresco.
Ten tamén a súa ruta: a dos Muiños de Paredes que ten o seu inicio ou final na casa forestal, xa que se pode facer de ida e volta.
Concello: Tui
Parroquia: Rebordáns
Lugar: Paredes
 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    528768Y  4658792
 Instalacións:     - Acceso a persoas con discapacidade (non está adaptada)
                          - Fonte de auga potable
                          - Bancos e mesas
                          - Asadores
                          - Circuito Ximnástico
Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si ( carece de aparcamento )
in ANABAM

Sem comentários:

Enviar um comentário