Este domingo 28 de abril, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o cuarto percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, que terá a súa saída dende o aparcamento do merendeiro do Monte Aloia.
Esta cuarta andaina percorrerá unha distancia de 12 qm, sendo o grado de dificultade medio e tendo unha duración aproximada de tres horas.
Para todas aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro, quedarase ás 09.45 horas españolas na estación de servizo ao carón do Parador de Tui, dende onde partiremos ata o punto de saída, onde repartirase o avituallamento habitual e selarase o pasaporte.
Dende o Concello de Tui anímase a participar nestas andainas saudables, nas que participaron xa unha media de 100 persoas nas anteriores.
Sem comentários:
Enviar um comentário