Hoxe venres 12 de abril ás 10.30 horas tivo lugar na Praza de Abastos de Tui o primeiro dos sorteos de cheques de compra entre os usuarios deste mercado que participan na campaña “Presume de Praceira/o”.
O resultado do sorteo foi o seguinte
1º premio de 75 euros , a Dona Angeles Alen Alonso
2º premio de 50 euros, a Dona María González Martinez
3º premio de 25 euros a Dona Yoya Alonso Testa.
Esta campaña xorde coa finalidade de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos e Mercados, así como a posta en valor de profesionalidade e bo facer do profesionais que traballan dia a dia na nosa Praza de Abastos. Está pois en desenvolvemento a terceira edición da campaña de promoción “ PRESUSME DE PRACEIRO/A“ organizada pola Conselleria de Economia e Industria coa colaboración do Concello de Tui.
O obxectivo desta acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes usuarios, o mellor praceiro/a en función da calidade dos productos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da ssúa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de presceiptor diario respecto á súa clientela.
O próximo sorteo de cheques compra será o vindeiro dia 3 de maio de 2013 ás 10.30 horas.
Na foto que acompaña esta nota recóllese o momento da entrega do segundo premio a Dona María González Martínez (ao non estar presentes no acto as gañadoras dos outros premios) pola concelleira responsable de Mercados e Praza de Abastos, Olga Dorinda Montes Moldes.
Sem comentários:
Enviar um comentário