quarta-feira, 3 de abril de 2013

MÁIS DE 100 PARTICIPANTES NA ANDAINA SAUDABLE REGO DA PEDRA


Onte realizouse a segunda andaina do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, “Rego da Pedra”, na que 110 persoas gozaron dun percorrido guiado polo Monte Aloia.
Aínda que o tempo non acompañaba e que era domingo de Pascua, ás 10.00 horas concentráronse ao carón da casa forestal do Monte Aloia os participantes nesta segunda andaina saudable, que tras recibir o avituallamento e selar o pasaporte, iniciaron o percorrido baixo unha intensa choiva.  
No percorrido os camiñantes puideron gozar do Rego da Pedra, da fervenza na parroquia de Frinxo, dunha das acacias máis grandes de Europa, así como da senda botánica.
As fotos desta andaina poden verse na páxina de facebook “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.
Agradecer a colaboración nesta andaina de Ángeles Fernández, quen realizou as explicacións dos puntos de interese, así como aos membros de Protección Civil de Tui.
A seguinte andaina saudable “Trilho entre Mosteiros” realizarase o sábado 13 de abril, en Valença, sendo o punto de encontro ás 10.00 horas españolas na Igrexa matriz de Ganfei ou ás 09.50 horas no parquing do Lidl de Valença.

Sem comentários:

Enviar um comentário