terça-feira, 16 de abril de 2013

O TEATRO MUNICIPAL DE CUMPRE DEZ ANOS DE FUNCIONAMENTO


Ao longo desta década acolleu a case 220.000 usuarios
Onte 11 de abril o Teatro Municipal de Tui cumpriu dez anos de funcionamento converténdose no principal referente da actividade cultural no xa de Tui senón mesmo do territorio sur da provincia de Pontevedra e do Norte do Alto Minho portugués.
Este importante equipamento cultural ten aberto ás súas portas mais de 600 xornadas ao longo desta década acollendo todo tipo de eventos de caracter cultural e social. Dende a primeira representación da obra “Fausto” de Goethe este escenario se foi consolidando como un lugar de cita obrigada de todas as compañía de Galicia que valoran a calidade deste equipamento e a fidelidade do público que acude en grande número cunha media de máis de 300 espectadores por espectáculo. Esta complicidade do público é un dos principais valores que acadou o Teatro Municipal e que responde deste xeito á calidade e continuidade dunha programación xa consolidada.
A construcción deste Teatro Municipal entra dentro da rehabilitación do antigo edificio “San Paio” iniciada no mandato do alcalde Miguel Angel Capón Rey e culminada xa no período de goberno do alcalde Antonio F. Fernández Rocha, cando era concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez Pérez, actual rexedor tudense. Neste aniversario cómpre salientar o importante protagonismo de D, Manuel Fraga Iribarne, daquela Presidente da Xunta de Galicia que asumiu con grande interese este proxecto, e diversos responsables institucionais que dende as súas áreas de goberno impulsaron a rehabilitación integral deste edificio: Victor Manuel Vázquez Portomeñe, José Cuiña Crespo (q.e.p.d.), Juan Miguel Diz Guedes ou Jesús Pérez Varela.
O Alcalde de Tui amosa a súa enorme satisfacción por este aniversario e polo traballo desenvolvido dende a concellería de cultura, tanto anteriormente baixo a súa responsabilidade como na actualidade coa dirección da concelleira Vanesa Rodríguez Pereira, e o equipo de persoal deste Teatro. Gracias a esta laboura o Teatro Municipal tudense é hoxe en día un dos espazos de referencia no ámbito cultural de Galicia e un orgullo para todos os tudenses, tanto pola calidade das súas instalacións como da súa programación.
Toda a información sobre a programación do Teatro Municipal de Tui está recollida na web www.culturatui.info . Na mesma pódense adquirir tamén as entradas para os diferentes espectáculos. En 2012 o 45,7% das localidades foron vendidas ao través deste medio.

Sem comentários:

Enviar um comentário