quarta-feira, 24 de abril de 2013

MIL ESCOLARES TUDENSES PARTICIPARON EN “TUI LE, OS LIBROS NA PRAZA DE SAN FERNANDO” NO DÍA DO LIBRO,


Hoxe martes 23 de abril de 2013 e coincidindo coa celebración do “Día do Libro” unha nova edición de “Tui le: os libros na Praza de San Fernando” reuniu a máis dun millar de rapaces e rapazas dos centros educativos de Tui, que  acudiron ata esta céntrica praza tudense para intercambiar os seus libros vellos e/ou usados asi como realizar, ao longo da mañá, diversas actividades de recitado, interpretación e música, protagonizando esta festa sobre o libro e a lectura que dende hai xa catro anos organiza a Biblioteca Municipal tudense xunto coas bibliotecas escolares do noso municipio.
Con esta actividade comeza o programa que desenvolverá a Biblioteca Pública Municipal de Tui que baixo o nome de “Mes dos Libros” ao longo dos meses de abril e maio e que agrupa a un total de sete actividades de animación e promoción da lectura espalladas ao longo destes trinta días. Este programa de actividades conta coa colaboración do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, asi como as bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário