En días pasados ven de finalizar a remodelación realizada en diversos servizos municipais instalados na Casa do Concello de Tui. En concreto, o departamento de Servizos Sociais foi trasladado á pranta baixa do edificio para favorecer a accesibilidades de numerosos usuarios deste servizo e coa nova ubicación garántase, en maior medida, unha certa privacidade no seu funcionamento.
Co traslado deste departamento de servizos sociais, que ocupa parte dos despachos destinados aos grupos municipais, foi remodelada a ubicación do departamento de urbanismo que dispón agora dun maior espazo para a atención ao público e para o traballo do persoal adscrito a esta servizo municipal.
Esta intervención promovida polo goberno municipal tudense se enmarca dentro da súa vontade de promover a mellora dos servizos municipais e especialmente da atención aos cidadáns. Con esta remodelación logrouse un maior espazo en ambos departamentos.
Ao tempo se agradece á colaboración dos grupos políticos municipais para o traslado das súas dependencias á anterior ubicación do departamento de servizos sociais e locais anexos onde poderán continuar desenvolvendo o seu traballo.
Sem comentários:
Enviar um comentário