Salvador Domínguez Alonso, veciño de Paramos, cumpre mañá sábado 27 de abril 106 anos. Segundo os datos do padrón municipal e do INE é a persoa de máis idade de Tui. Por este motivo o Concello de Tui lle vai brindar unha pequena homenaxe.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, xunto a outros membros da corporación, visitarán mañá sábado, ás 12h a Salvador Domínguez, na súa casa para felicitalo polo seu aniversario e facerlle entrega dun agasallo.
Sem comentários:
Enviar um comentário