terça-feira, 16 de abril de 2013

REMATA O PROGRAMA “O CINE NAS AULAS” DO CURSO 2012/2013


Mañá día 16 de abril, o alumnado de 2º de ESO dos IES “Indalecio Pérez Tizón” e “San Paio” como do Colexio Maristas “Santa Maria”, terá a última  sesión do programa “O Cine nas Aulas”.
Un total de 184 alumnos/as e 8 profesores asistirán a proxección da película “Thirteen”, no Teatro Municipal, no edificio Área Panorámica, alí recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as. Estas unidades foron elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais  do Concello do Concello de Tui.
A metodoloxía deste programa “O cine nas Aulas” é que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que consideramos que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

Sem comentários:

Enviar um comentário