A aula UNED de Tui organiza dende o próximo 15 de Abril ata o 17 de Xuño a segunda edición do curso “Iniciación ao alemán”, debido á alta demanda existente deste idioma. O curso ten unha carga lectiva de 30 horas e un prezo de matrícula de 50euros.
A aula UNED de Tui impartirá dende o próximo 15 de Abril a segunda edición do curso de “Iniciación ao alemán”, que ten como obxectivo que o alumno desenvolva competencias e habilidades básicas na devandita lingua. O curso dará comezo o vindeiro luns 15 de Abril e prolongarase ata o luns 17 de Xuño.
A importancia do coñecemento dun idioma estranxeiro unido ás posibilidades laborais do mercado xermano, dispararon a demanda do alemán nos últimos meses. Con este curso, preténdese que o alumno teña un dominio básico da lingua, tanto a nivel escrito como oral a través dunha metodoloxía principalmente comunicativa que pretende un coñecemento funcional e útil do idioma.
O curso, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender alemán e que non posúan coñecementos previos na devandita lingua, ten como obxectivo que o alumno adquira competencias e habilidades básicas que lle permitan comprender e utilizar expresións sinxelas e cotiás, podendo desenvolverse en situacións básicas do día a día.
O curso desenvolverase presencialmente todos os luns de 18:00 a 21:00h nas instalacións da aula UNED de Tui, situada na rúa Antero Rubín (antigo Convento de San Domingos). Todas aqueles que o desexen poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com), chamando por teléfono ao 986851850 ou achegándose ao edificio da aula UNED de Tui. O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto martes) de 4 a 8. O custo de matrícula é de 50 euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário