quinta-feira, 11 de abril de 2013

MAÑA VENRES PRIMEIRO SORTEO DA CAMPAÑA “PRESUME DE PRACEIRA E PRACEIRO”


Nova edición desta campaña de promoción da Praza de Abastos
Mañá venres 12 de abril ás 10,30 horas terá lugar na Praza de Abastos de Tui o primeiro dos sorteos de agasallos entre os usuarios deste mercado que participan na campaña “Presume de Praceira/o”.
Co fin de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos e Mercados, así como a posta en valor da profesionalidade e bo facer dos profesionais que traballan día a día na nosa Praza de Abastos, está en desenvolvemento a terceira edición da campaña de promoción “ PRESUME DE PRACEIRO/A” organizada pola Consellería de Economía e Industria coa colaboración do Concello de Tui.
O obxectivo da acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes usuarios, o mellor praceiro/a, en función da calidade dos produtos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da súa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de prescriptor diario respecto á súa clientela.
Ademais de elixir cos seus votos ó mellor comerciante do seu mercado, os clientes participarán en sorteos de cheques de compra que deberán ser canxeados no propio mercado. Celebraranse dous sorteos, o primeiro deles mañá venres, 12 de abril  ás 10.30 horas, na propia Praza de Abastos .
Dende a concellería de Mercados e Praza de Abastos, agradecese a  todos os profesionais da nosa Praza de Abastos, os praceiros/as, a súa implicación e colaboración nesta campaña así como a súa asistencia ao sorteo. Igualmente dende o Concello de Tui agradécese a participación nesta campaña dos usuarios deste mercado municipal.

Sem comentários:

Enviar um comentário