Esta semana o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, levará a cabo o programa “O Cine nas Aulas” no CEIP de Randufe, participando nesta actividade o alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria, sendo un total de 122 alumnos/as.
Este ano 1º e 2º de primaria, traballaran sobre a película “Kirirú y las bestias salvajes”, nela se incide sobre as dificultades para solucionar os problemas da aldea aos que se enfronta o neno e como isto lle axuda no seu crecemento persoal. É unha fábula sobre a liberdade e o crecemento, a confianza nun mesmo, o traballo en equipo e solidariedade, o respecto cara a culturas diferentes e á natureza.
O 3º Ciclo de primaria traballarán sobre a película “Donkey Xote”. O clásico máis universal da literatura española, “El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha” de Miguel de Cervantes, achégase aos máis novos con esta adaptación cinematográfica en formato de animación. En “Donkey Xote”, as míticas aventuras e desventuras do fidalgo déixanse ao carón para dar paso, e voz, a un novo protagonista, Rucio, o burro de Sancho. Sen esquecer de todo o mundo dos cabaleiros andantes, Castilla-La Mancha e valores como a honra ou a lealdade. Don Quijote retoma a viaxe de procura da bela Dulcinea.
Este é o punto inicial dunha historia que transcende á típica aventura de saír a buscar e atopar a alguén. A trama de “Donkey Xote” lévanos a perseguir e achar un ideal pero, sobre todo, exponnos o feito de atoparnos a nós mesmos, sexamos cabaleiros, escudeiros, asnos ou galos.
O programa “Cine nas aulas” é unha iniciativa do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Este programa englóbase dentro do contexto da educación para a saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde a través de unidades didácticas feitas póla técnica de prevención, Nestas películas traballaranse os valores de tolerancia, lealdade, coidado da natureza, confianza, respecto, paciencia e autoestima.
Sem comentários:
Enviar um comentário