quinta-feira, 4 de abril de 2013

UNHA DELEGACIÓN DO MUNICIPIO DE VERSMOLD VISITA TUI PARA ASINAR UN ACORDO DE IRMANAMENTO


Unha delegación oficial do municipio xermano de Versmold visitará nos vindeiros días a cidade de Tui para asinara oficialmente o acordo de irrmanamento que foi aprobado por ambas Corporacións Municipal hai varios meses.
Asi o Alcalde de Versmold, Thorsten Klute, preside unha delegación alemá que visitará a nosa cidade do venres 5 ao luns 8 de abril participando ademais nos actos programados co gallo das festas de San Telmo.
Entre outras actividades está previsto un concerto de música cun grupo de Versmold e outro tudense que terá lugar o venres 5 de abril na Sala de Audicións do Conservatorio Municipal de Música ás 20,00 horas. Na mañá do sábado 6 de abril ás 12,00 horas no Complexo deportivo Álvarez Durán terá lugar un partido de fútbol entre o equipo “Español” de Versmold e o Tyde F.C. Finalmente na tarde do sábado, ás 18,00 horas terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello a sinatura oficial deste acordo de irmanamento. Ao remate do acto os asistentes asistirán oa acto simbólico de plantación dunha árbore agasallo dos veciños de Versmold aos tudenses e que se realizará nos Xardíns de Troncoso.
A iniciativa deste acordo de irmandade entre Tui e Versmold xorde da ampla colonia de emigrantes tudenses, especialmente das parroquias de Paramos e Baldráns, que desenvolveron naquel localidade xermana a súa actividade laboral, moitos xa voltaron á terra pero un importante número aínda reside naquel cidade alemá, cunha importante actividade social naquela localidade. Estes lazos están na base do posterior acordo das autoridades locais de ratificar esta relación coa sinatura deste acordo de irmandade.
Xa no pasado ano senllas delegacións de Tui e Versmold visitaron ambas localidades e agora pretenden avanzar na colaboración mutua en materias culturais, educativas, deportivos e tamén laborais pois naquela localidade existen posibilidade de traballo. Así a través da Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Tui os interesados poden achegar os seus curriculums vitae aos empresarios de Versmold.
Para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, coa sinatura deste acordo ábrese para a nosa cidade novas posibilidade de colaboración con esta localidade de Versmold para traballar en proxectos europeos, en ámbitos de mutuo interese. Amais Versmold conta cunha ampla experiencia en materia de irmanamentos que esperamos resultará sumamente positiva para esta nova relación que agora comezamos oficialmente.

Sem comentários:

Enviar um comentário