Esta mañá na Casa do Concello de Tui tivo lugar o acto de entrega polo Club Atletismo Tui-Thermalia aos Servizos Sociais do Concello de Tui dos alimentos recollidos na carreira de San Telmo.
Neste acto o Presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, entregoulle ao Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, os alimentos recollidos gracias ás inscricións dos participantes nesta carreira que uniu deste xeito a practica deportiva coa solidariedade.
O Alcalde de Tui agradeceu este xesto de grande significación do Club de Atletismo Tui – Thermalia e dos afeccionados que colaboran deste xeito altruísta en paliar as situacións sociais de maior risco.
Sem comentários:
Enviar um comentário