O pasado sábado tivo lugar o Campionato de España de Duatlón Élite Masculino, no que o atleta tudense Gustavo Rodríguez acadou a segunda posición nesta proba disputada en Pontevedra, reflectindo o espectacular estado de forma deste ano, no que leva acadadas moitas vitorias tanto nesta modalidade como no do triatlón.
Gustavo tivo que completar o percorrido de 10 quilómetros correndo, 40 quilómetros en bicicleta e outros 5 quilómetros a pé, nos que non puido con un dos mellores duatletas do mundo e gañador desta proba Emilio Martín.
Dende o Concello de Tui reitéranse as felicitacións a “Tavo” Rodríguez polo éxito acadado neste campionato e durante todo o presente ano, así como pola súa convocatoria para disputar o Campionato de Europa de Triatlón, o próximo 19 de maio.
Sem comentários:
Enviar um comentário