quarta-feira, 17 de abril de 2013

CORDIAL ACOLLIDA EN FRÓMISTA Á DELEGACIÓN TUDENSE QUE VISITOU ESTA LOCALIDADE IRMANADA CON TUI


Arredor de setenta tudense participaron no “San Telmillo”
A delegación tudense que visitou esta pasada fin de semana a vila palentina de Frómista foi moi cordialmente acollida naquela vila palentina, irmanada coa cidade de Tui dende o ano 1985, asi o puxo de manifesto o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, que encabezaba a delegación de Tui integrada por arredor de setenta veciño da localidade miñota que participaron nos actos finais das festas de Frómista, popularmente coñecidos como festexos do “San Telmillo”.
O acordo de irmamento coa localidade de Frómista, vila onde naceu o noso común patrono, San Pedro González Telmo, está asinado no ano 1985 e dende aquela son numerosas as oportunidades en que tudenses e fromisteños se teñen atopado nalgunha das localidades compartindo a súa comúns devoción a San Telmo e os alongados lazos de amizade establecidos.
Para o alcalde de Tui esta viaxe era unha vella aspiración que pretende revitalizar o acordo de irmanamento existente entre Tui e Frómista e a alongada amistade que existe entre estas localidade e numerosos dos seus veciños. Expresión desta relación foi a entrega ao cóengo da Catedral tudense e prior da Confaria de San Telmo de Tui, do seu nomeamento con “Mayordomo perpetuo” da Confaria de San Telmo de Frómista.
A delegación tudense asistiu a diversos actos festivos e participou o pasado domingo na procesión do “Cambio de Vítor” onde participan tradicionalmente os danzantes de Frómista, acompañados neste ano por unha agrupación folclórica tradicional tudense, en concreto o grupo de baile da Asociación “Xuntanza” de Randufe.
O rexedor tudense que agradeceu as múltiples atencións recibidas ao longo da visita convidou a que unha delegación de Frómista –facendo un pequeno esforzo- participe o vindeiro ano na procesión na honra de San Telmo en Tui, convite que foi acollida moi favorablemente polo alcalde de Frómista, Fernando Díez Mediavilla.

Sem comentários:

Enviar um comentário