A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle o xoves 2 de maio as 20,30 horas a inauguración da exposición “Alma en pedra” do escultor e canteiro tudense Juan Vázquez que recolle unha mostra antolóxica da súa traxectoria de vintecinco anos dedicado ao mundo da pedra.
Como sinala o propio Juan Vázquez “nesta exposición trato de achegar ao público ao que foi a miña dedicación durante estes anos tanto artisticamente, como na miña faceta de mestre canteiro”.
No decurso deste acto de inauguración os asistentes poderán visionar o documental “Alma en piedra” dirixido por Daniel Bermejo asi como escoitar a actuación de Marya Quintana coa súa arpa. Tamén os asistentes serán agasallados cun libro que recolle algunhas das obras mais significativas realizadas polo autor ao longo destes vintecinco anos de traballo.
Con esta nova mostra a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui continua ofrecerte un espazo para a divulgación e promoción dos artistas locais nas diversas modalidades artísticas.
Sem comentários:
Enviar um comentário