Mañá xoves, 25 de abril, a partires das 18,00 horas a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación do espectáculo titulado “Abrapalabra” de Carlos Coira do grupo Matapiollos. Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura que promove a Biblioteca tudense nos meses de abril e maio baixo o nome de “Mes dos Libros”.
“Abrapalabra” é un espectáculo de maxia e poesía. Carlos Coira conta cos rapaces para o seu espectáculo de maxia. Quere darlle a palabra e, se a usan con xeito, imos ver e facer cousas marabillosas. Esta actividade está dirixida especialmente aos nenos e nenas entre os 4 e os 9 anos de idade.
Esta actividade conta co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
O programa do “Mes dos Libros” é seguinte:
Lúns 29 de abril
Obradoiro “Títeres nas máns” con Urdime
18,00 horas
Martes 7 de maio
“Sole Felloza conta todo o que le”
Contacontos
18,30 horas
Mércores 15 de maio:
Recital “O Xardin desordenado” música aos poetas galegos con Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud
Sala Felix Rodríguez González – 20,30 horas
Venres 17 de maio: Dia das Letras Galegas XVI Feira do Libro
Paseo da Corredoira de 12,00 a 21,00 horas
Xoves 23 de maio
“O aviador” espectáculo de aventuras con Elefante Elegante
18,30 horas
Sem comentários:
Enviar um comentário