A Biblioteca Pública Municipal de Tui resultou seleccionada, por sétimo ano consecutivo, nos premios “María Moliner” ao abeiro da convocatoria efectuada para as bibliotecas municipais das entidades locais menores de 50.000 habitantes convocado polo Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola España. Estes premios “María Moliner” recoñecen o labor de animación bibliotecaria e de promoción da lectura que realizan as Bibliotecas Públicas Municipais españolas.
Este galardón consiste nun lote de mais de 200 obras que incrementarán a oferta bibliográfica da nosa Biblioteca, especialmente nas seccións infantil e xuvenil, e que en breve prazo estarán a disposición dos nosos usuarios. A Biblioteca tudense foi unha das 300 de toda España galardoada cun destes premios nesta convocatoria correspondente ao ano 2012. De Galicia foron 21 as bibliotecas seleccionadas nesta convocatoria.
O proxecto de animación á lectura presentado póla Biblioteca Municipal de Tui baixo o nome de “Tui le+” recollía o amplo programa de actividade desenvolvido pola biblioteca tudense ano longo do curso 2011/2012.
Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, este novo recoñecemento ao labor que a Biblioteca Municipal tudense ven desenvolvendo no ámbito da promoción do libro e a lectura pública nos últimos tempos e que atopa unha positiva resposta por parte dos cidadáns tudenses. Sinala Rodríguez Pereira o compromiso da concellería de cultura tudense por consolidar este servizo municipal como un referente que facilite aos veciños o acceso á cultura e á información nos seus variados soportes, promovendo estes valores mediante un amplo programa de actividades diversificado para os diversos sectores de idade.
Compre reseñar, engade a concelleira tudense, que é o sétimo ano consecutivo en que as actividades que promove a Biblioteca Pública Municipal de Tui reciben este galardón dos Premios María Moliner, e que mesmo no ano 2007 este centro bibliotecario foi un dos tres finalistas na categoría de “mellor labor bibliotecaria”.
Sem comentários:
Enviar um comentário