Este domingo celebrarase en Tui o Gran Premio Cidade de Tui de Ciclismo en Ruta organizado polo Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui.
Esta proba deportiva foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e o secretario deste club, Xavier Martínez.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestou a súa satisfacción pola colaboración que inician co Club Ciclista de La Fuente, indicando que poñen moita confianza neles e nesta proba que se celebrará o domingo. Lembraba o edil que hai anos en Tui as probas ciclistas tiñan moita tradición con persoas coma Colmenero, Máximo Rosada ou Manuel Martínez.
Solicitaba amais o edil de Deportes a colaboración cidadá xa que o domingo por mor desta proba ciclista cortaranse as rúas Coengo Valiño e a rúa nova.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu a noraboa a este novo club pola organización desta proba agardando que o tempo acompañe e brindaba a colaboración do Concello a este colectivo. Lembrou tamén a existencia do Club Ciclista Tudense que colaboraba en eventos como a festa da bicicleta, salientando que o ciclismo ten en Tui gran tradición.
Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que o club se creou hai 18 meses e esta é a primeira carreira que organizan, avanzando que teñen xa moitos plans para o futuro. Salientaba a importancia da colaboración tanto do Concello coma doutras entidades e dos patrocinadores. Avanzaba que esta vai ser unha proba espectacular. Comezará ás 10.45h no Paseo da Corredoira onde rematará ás 13h coa entrega de premios. O circuíto percorrerá as rúas de Tui pero se achegará tamén ata o Eiras o Rosal, Goián, Pexegueiro, Malvas e Tui centro, cu percorrido de 76 quilómetros.
Xabier Martínez, secretario do Club explicaba que a inscrición está aberta ata este venres en www.ccdelafuente.com , ou o propio domingo unha hora antes do comezo, coa salvidade de que se establece un máximo de 200 participantes. Explicaba tamén que haberá premios en meta volante, de montaña e ao mellor equipo.
Sem comentários:
Enviar um comentário