O Concello aposta polo emprego con esta convocatoria, co actual Obradoiro de Emprego e o futuro Plan de Emprego Municipal
O Concello de Tui vén de convocar un total de trece prazas de persoal laboral, de carácter temporal, para cubrir outros tantos servizos municipais.
En concreto as prazas convocadas son as seguintes:
- Dúas prazas de auxiliar de Policía Local
- Un operario de limpeza
- Dúas prazas de auxiliar administrativo
- Tres prazas de auxiliar administrativo
- Un auxiliar administrativo a tempo parcial
- Unha praza de traballador/a social
- Un operario para o Punto Limpo
- Un encargado mantemento do Pavillón
- Un peón cemiterios
As instancias para participar nos procesos de selección poden presentarse ata o vindeiro día 9 de abril e na páxina web do concello de Tui (www.concellotui.org) poden consultarse as bases específicas de cada convocatoria de prazas.
Para o goberno municipal tudense a convocatoria destes procesos de selección de persoal responde ao seu obxectivos de traballar intensamente para a promoción do emprego que contribúa a paliar os problemas derivadas da alta taxa de desemprego existente no noso concello. Deste xeito está convocatoria de prazas supón un investimento de aproximadamente 120.000 euros. Cabe lembrar que xunto a esta convocatoria na actualidade está en funcionamento o Obradoiro de Emprego que entre alumnos e profesores implica a contratación de 36 persoas.
Tamén o goberno municipal está traballando para levar adiante a convocatoria dun novo Plan de Emprego Municipal como o realizado no pasado ano e que supuxo a contratación de once persoas. Este novo Plan de Emprego Municipal que vai nos orzamento correspondentes a este ano 2013, pendentes de aprobación, suporá a contratación doutras 11 persoas durante seis meses cun investimento aproximado de 105.000 euros.
Para o rexedor tudense este importante esforzo económico que realiza o Concello está plenamente xustificado ao favorecer o acceso a un emprego a un importante número de persoas desempregadas que deben superar un proceso de selección que garante as condicións de transparencia e igualdade de oportunidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário