sexta-feira, 19 de abril de 2013

Cinema e teatro para abrir a programación cultural en Tui

Este venres comeza a programación cultural en Tui prevista para os meses de abril e maio cun total de 7 espectáculos previstos.
 A primeira cita será este venres, 19 de abril, ás 20h, no Teatro Municipal coa proxección da película “O Apóstolo”. Este filme, dirixido por Fernnado Cortizo, conta unha historia de terror, humor e fantasía protagonizada por un convicto recen fuxido do cárcere. Mentres trata de recuperar un botín agochado nunha aldea apartada e solitaria atopará sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos... Esta actividade está recomendada para maiores de 7 anos.
 As entradas están á venda, ao prezo de 3€ e 2€, na web www.culturatui.info ou ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.
 O segundo espectáculo programado celebrarase o sábado 20 ás 20.30h. Neste caso será Fulano, Mengano e Citano quen represente “A louca historia de Galicia”. Na mesma Manuel Pombal, Manuel Botana e Suso Pando fan unha viaxe de ida e volta, en clave de humor, polo pasado de Galicia. Ao longo de 80 minutos esta comedia achéganos as orixes, costumes e tradicións galegas dende os castrexos, romanos, suevos ou normandos ata a actualidade.
 As entradas están tamén á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o mesmo sábado poderanse adquirir no despacho de billetes, dende ás 19h, ao prezo de 6€ e 4€.

Sem comentários:

Enviar um comentário