Onte tivo lugar a entrega de diplomas do curso federativo de “Monitor de Fútbol Base” que se impartiu no Telecentro da Área Panorámica de Tui desde o mes de decembro.
No acto de entrega estivo presente o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o concelleiro de Formación, José Ángel Villaverde, o director da Escola Galega de Adestradores Manuel Mosquera, o responsable da Escola na zona de Vigo e coordinador do curso Jose Luis Mosquera e os adestradores Ramón Rodríguez, Jorge Carril, Rubén Crespo e David Iglesias.
O curso, organizado pola Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores e en colaboración co Concello de Tui, formou a un total de trinta persoas que, durante 3 meses, recibiron formación centrada na táctica, técnica, regulamento, menciña do deporte, psicoloxía aplicada e metodoloxía, repartidas nun total de 65 horas.
O Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, afirmou que o desenvolvemento do curso foi todo un éxito e que o Concello fará o posible para nun futuro poder repetir e seguir formando adestradores para os equipos da zona, e fomentar así un deporte de calidade .
Sem comentários:
Enviar um comentário