Este mércores terá lugar a conferencia A natureza no Pai Salvado.Retos e oportunidades no Salón de Actos do Seminario Menor de Tui co motivo da conmemoración do 200 aniversario do nacemento do Pai Salvado.
O coloquio comezará ás 20h da man de Francisco Díaz-Fierros, membro do Consello da Cultura Galega, quen achegará ao público os coñecementos sobre a terra e natureza de Rosendo Salvado, destacando as súas habilidades en botánica e topografía.
Este conferencia é a terceira do ciclo de conferencias que se está a desenvolver ata o sábado 5 de abril no Seminario Menor de Tui para dar a coñecer as diferentes facetas que caracterizaron ao bispo tudense.
Dentro das actividades organizadas para conmemorar o bicentenario do Padre Salvado o Conservatorio Profesional de Música de Tui acolleu na tarde do luns un concerto de alumnos tanto do Conservatorio coma da Escola de Música que interpretaron composicións propias para piano ou gaita entre outros.
Sem comentários:
Enviar um comentário