sexta-feira, 14 de março de 2014

Caramuxo Teatro presenta este venres no Teatro “Ñam!”

Haberá dúas funcións ás 18.30h e ás 20h desta obra dirixida a nenos de 1 a 6 anos
Os nenos entre 1 e 6 anos, e as súas familias, son os destinatarios do espectáculo “Ñam!” que este venres representan no Teatro Municipal de Tui a compañía Caramuxo Teatro. Haberá dúas funcións, a primeira ás 18.30h e a segunda ás 20h, nas que o aforo estará limitado a 100 persoas por función, xa que os espectadores sentarán no escenario e non no patio de butacas. 
O espectáculo, esta recomendado para nenos de 1 a 6 anos. Ten unha duración de 30 minutos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres, 14 de marzo, ás 13 ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 17h para a función das 18.30h e dende ás 18.30h para a función das 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.
Caramuxo Teatro con “Ñam!”
Data: Venres, 14 de marzo, ás 18.30h e ás 20h *Aforo limitado a 100 espectadores por función
Lugar: No Teatro Municipal
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 17h para  a función das 18.30h e dende ás 18.30h para  a función das 20h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Sem comentários:

Enviar um comentário