21 de marzo ás 20.00 horas, no Salón de sesións da Casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao Club Kaiak Tudense, que a pasada fin de semana se proclamou Campión de España de Piragüismo, por noveno ano consecutivo.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moises Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como os padeeiros, adestradores e directivos do Club Kaiak Tudense.
Dende o Concello de Tui animan a todos os tudenses a participar neste homenaxe ao mellor club de piragüismo de España.
Sem comentários:
Enviar um comentário