O xogador alevín do Club Baloncesto Tui, Raúl Pereira Pinto Abeledo, despois de ser chamado en varias ocasións para adestrar coa Preselección Galega, formará parte da Selección Galega de Minibasket no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará entre os días 12 e 16 de abril en San Fernando, Cádiz.
Raúl participará tamén nesta fin de semana, nun Torneo de Minibasket na localidade burgalesa de Miranda de Ebro, entre as seleccións de Castela e León, Euskadi, Galicia e Madrid, preparatorio para o Campionato de España.
O Concello de Tui felicita a Raúl Pereira polo seu chamamento a formar parte da selección galega neste Campionato, así como ao Club Baloncesto Tui polo bo traballo de base que leva facendo dende fai moitos anos, que os levou a acadar na pasada Gala do Deporte Tudense o recoñecemento como mellor club na promoción do deporte base do 2013.
Sem comentários:
Enviar um comentário