Os participantes no Congreso Internacional da Camelia que se está a celebrar ao longo desta semana en Pontevedra visitarán este domingo Tui no marco das actividades do poscongreso.
Dende a organización do Congreso plantexan estas visitas poscongreso para dar a coñecer os monumentos máis emblemáticos da provincia. No caso de Tui a chegada dos congresistas está prevista ás 11h na Casa do Concello onde serán recibidos polo alcalde de Tui e membros da corporación municipal. A continuación visitarán a Catedral de Tui e o Conxunto Histórico da Cidade.
No Congreso están a participar de 250 congresistas de 16 países unidos en torno á camelia. A súa visita a Tui este domingo é valorada positivamente polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quen apunta que este pode ser un primeiro contacto destas persoas coa cidade que poderán volver noutras ocasións e actuar amais de embaixadores de Tui no seu país de orixe.
Sem comentários:
Enviar um comentário