sexta-feira, 7 de março de 2014

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil está acometendo a limpeza dos cauces dos regatos Martiño e Rebordáns

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comezou esta semana os traballos de restauración hidrolóxica-forestal nos cauces dos regatos San Martiño, en Areas, e Rebordáns, en Montiño. As obras van ser realizadas por catro operarios ao longo de tres semanas cun orzamento de 37.656 euros. 
Previo ao inicio destes traballo técnicos da Confederación procederon a realizar unha inspección da zona de actuación, comprobando a existencia dunha acumulación excesiva de vexetación arbustiva e arbórea, coa presenza de árbores secos e ramas caídas ao cauce destes regatos.  En total vanse limpar 2.730 metros de cauce eliminando o exceso de maleza e matorral acumulado para mellorar a capacidade de desaugüe dos cauces e acondicionar a banda de vexetación.  Os restos vexetais serán triturados ou se ofrecerán para leña, amais os residuos de lixo ou sólidos urbanos que se atopen serán entregados a un xestor autorizado. 

Sem comentários:

Enviar um comentário