A pasada fin de semana os acontecementos deportivos encheron Tui de deportistas de distintas modalidades deportivas.
Así, o sábado pola tarde, ás rúas de Tui contemplaron a concentración e saída do I Rallie San Telmo da Regularidade Eurocidade, no que 60 coches tiveron que percorrer varios tramos polos municipios de Tui, Valença e Tomiño. A organización correu a cargo da Escudería Dona Urraca de Tui.
O domingo pola mañá, organizado polo Club Náutico San Telmo, celebrouse o I Concurso Internacional de Pesca a Flote, no que 35 participantes en 12 embarcacións disputaron esta proba con máis de 100 capturas, onde a peza máis grande foi de 1.400 gr.
Tamén na mañá do domingo, o motociclismo encheu o Paseo da Corredoira de Tui, con ao redor de 300 deportistas que participaron no VIII Enduro Cidade de Tui, organizado polo MotoClub Randufe. Os motoristas fixeron tres tramos cronometrados cun percorrido de 45 quilómetros, no que numerosos afeccionados gozaron do deporte do motociclismo.
O Concello de Tui felicita aos clubs organizadores, Escudería Dona Urraca, Club Náutico San Telmo e MotoClub Randufe, pola perfecta organización destas probas deportivas, ás persoas voluntarias que colaboraron nestes eventos, así como á Cruz Vermelha e Bombeiros Voluntarios de Valença polo seu apoio na seguridade.
Sem comentários:
Enviar um comentário