quinta-feira, 20 de março de 2014

Este domingo celébrase o I Concurso Internacional de Pesca

Este domingo, 23 de marzo, celebrarase o I Concurso Internacional de Pesca de Salmónidos e Spinning a flote, organizado polo Club Náutico San Telmo en colaboración co Concello de Tui.
As inscricións para este concurso realizaranse no Club Náutico San Telmo ou a través dos números de teléfono 658.875.716 / 986.602.464, ata o mesmo día da proba, sendo o prezo da inscrición de 5€ por pescador.
O concurso dará comezo ás 8.00 horas coa recepción dos pescadores e, tras un almorzo rápido, media hora despois sairán ao Río Miño. O Club Náutico San Telmo habilitará varias embarcacións para aqueles pescadores que non dispoñan delas. Ás 17.00 horas rematará o concurso, realizándose o control das pezas ás 17.30 horas.
Compre lembrar que os pescadores deberán dispoñer da correspondente licenza de pesca, así como da documentación en regra das embarcacións que utilicen.

Sem comentários:

Enviar um comentário