No ano 2012 asinábase o protocolo de creación da Eurocidade Tui-Valença, co mesmo culminaba un proceso iniciado polas cidades, apoiado polas corporacións municipais pertinentes, para cooperar en múltiples materias que beneficiasen á poboación dos dous municipios
A Eurocidade ten unha poboación duns 35.000 habitantes nun área aproximada de 170 quilómetros cadrados e distribuída en 28 parroquias, que, desde hai dous anos, camiñan xuntas cara o desenvolvemento económico, comercial e turístico do conxunto luso-galaico.
Baixo a idea de que conxuntamente teñen unha maior visibilidade que individualmente, os alcaldes das dúas cidades creen no proxecto e seguen a promoven así a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades mediante accións conxuntas coma o programa deportivo da Eurocidade, a Cabalgata de Reis ou a xestión compartida de equipamentos coma a Piscina Municipal de Valença ou o Conservatorio de Música de Tui.
Na súa andadura a Eurocidade promóvese anualmente coma destino turístico en feiras de turismo internacionais de recoñecido prestixio coma FITUR en Madrid ou a BTL en L.isboa.
No referido ás accións promotoras do deporte, o esforzo conxunto das dúas cidades por mellorar a saúde dos seus cidadáns a través da práctica da actividade física,nveuse recoñecido o pasado ano 2012 co premio do Deporte Galego dentro da categoría “Galicia saudable”. O circuíto de andainas, os torneos de fútbol, balonmán, natación, pesca deportiva e Eurocidade BTT entre outros, lograron a participación de 4000 cidadáns no conxunto de actividades do programa deportivo 2012 ,premiado nos Premios do Deporte Galego de dito ano. Esta cifra volveuse a repetir no ano 2013.
No que se refire á administración a Eurocidade participa tamén coma proxecto pioneiro dentro de ARPAD para a creación do arquivo dixital de Galicia de rexistro administrativo, que permitirá aos cidadáns e empresas de ambos lados da fronteira entregar documentación en calquera rexistro independentemente da administración de destino. O obxectivo é habilitar servizos públicos en liña para eliminar o papel e axilizar así os intercambios comerciais na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Os rexedores das dúas cidades coinciden en afirmar que o traballo conxunto está a ter os efectos multiplicadores desexados das actividades promovidas dende a Eurocidade facéndose eco coma exemplo de cooperación en Europa.
O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, salienta a intensa labor conxunta dos dous municipios e a maior cooperación que Valença ten con Tui que con outras localidades portuguesas. Pola súa banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, insiste na necesidade da creación dunha entidade xurídica conxunta para a captación de fondos europeos, proxecto no que están a traballar nestes intres coa redacción dos estatutos que terán que ser aprobados polas dúas corporacións municipais.
Sem comentários:
Enviar um comentário