A asociación de Comerciantes pasa a estar presidida por Pilar Besada Barahona
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, respaldou hoxe coa súa presenza a nova presidenta de ACITUI, Pilar Besada Barahona, na súa presentación pública que tivo lugar na Cámara de Comercio de Tui. Tamén estivo presidente o presidente do ente cameral Gumersindo Alonso.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosouse esperanzado coma tudense e coma alcalde xa que nos tempos complicados que corren a unidade de acción é o máis importante, engadindo que fomentar a visibilidade desta unión como o está a facer a asociación é indispensable. A súa vez comprometeuse a xestionar todas as axudas que se podan solicitar á Xunta e Deputación para proxectos ou actividades formativas e concedeu, nun primeiro paso, un novo local para a asociación situado no edificio da Area Panorámica , cunha localización máis central e accesible para os socios.
Pilar Besada, a recen nomeada presidenta da Asociación, quixo agradecer a colaboración amosada por todos os socios na asemblea e salientou o obxectivo fundamental de potenciar a cidade de Tui coma lugar de turismo, comercio e hostalería. Na primeira reunión da nova corporación celebrada na xornada de onte fixáron os primeiros proxectos do novo calendario coa campaña do Día da Nai coma estreo destas accións.
Na actualidade ACITUI está formada por máis de 135 socios de 493 actividades comerciais, que aboan mensualmente unha cota de 5 euros, á metade que o ano pasado xa que decidiron reducir o importe debido á situación económica das empresas e pequenos comercios.
Gumersindo Alonso, presidente da Cámara, quixo felicitar á nova presidenta e ofrecerlle todo o seu apoio xa que é necesario o diálogo e a colaboración para conseguir o beneficio conxunto para a cidade de Tui, a cal posúe, en palabras do presidente, multitude de recursos coma a Catedral ou o Paseo Fluvial para atraer a visitantes a esta cidade.
O Concello de Tui, a Cámara de Comercio, e a Asociación de Comerciantes e Industriais amosáronse optimistas e con ilusión de traballo conxunto para este novo calendario comercial que entra.
Sem comentários:
Enviar um comentário