Segundo o concelleiro tudense "Tui e Valença deberían poder aprobar a súas respectivas secesións de España e Portugal en referendo ao tempo que poderían pronunciarse sobre a unión entre elas".
De contarmos con apoio para unha proposta de enorme calado, desde C21 proporiamos a creación dunha eurocidade de verdade, independente de España e de Portugal e con impostos baixos para atraer investimento, emprego e riqueza, se fosemos capaces de librarnos dos infernos fiscais español e portugués a eurocidade podería converterse nun dos lugares máis prósperos da península ibérica e un verdadeiro paraíso comercial.
Tui e Valença deberían poder aprobar a súas respectivas secesións de España e Portugal en referendo ao tempo que poderían pronunciarse sobre a unión entre elas. Naturalmente na actualidade dubido que haxa apoio social para esta alternativa, pero coa valentía e carácter innovador que caracteriza ao noso partido, lanzamos a idea para xerar un debate que coidamos enriquecedor e necesario.
Desde logo a Liechestein ou a Andorra vailles moi ben con este modelo que é o que eu propoño para a eurocidade Tui-Valença e a experiencia histórica do Couto Misto indica que entre Galicia e Portugal xa existiu algo semellante.
O que si está claro é que a pseudo-eurocidade de paripé da actualidade só serve para tragar máis recursos dos contribuíntes en diversos saraos políticos que non teñen ningún efecto práctico positivo nas vidas de quen os financia involuntariamente (os contribuíntes).
in Xornal XXI
Sem comentários:
Enviar um comentário