Dende Pontevedra chega Baobab Teatro ao Teatro Municipal para representar este sábado, 22 de marzo, ás 19h a obra “Babs”.
“Babs” é o segundo espectáculo de Baobab Teatro. Foi escrito por Andrea Bayer e dirixido por ela xunto a Óscar Ferreira. Sobre o escenario estarán Andrea Bayer e Xurxo Cortázar. Trátase dun espectáculo para bebés recomendado a partir de un ano. Babs é un planeta que ten só tres habitantes: mamá, papá e Babo. Babo ten moita curiosidade e quere descubrir mundo aínda que papa e mamá sempre lle din que no para protexelo. Baobab Teatro puxo nesta obra toda a súa ilusión, creatividade e experiencia de tal xeito que o resultado é unha experiencia máxica para bebés e familias onde a tenrura é protagonista.
Baobab Teatro creouse a finais de 2010 contando coa ampla bagaxe dos seus integrantes Andrea Bayer e Óscar Ferreira. Andrea Bayer ten dirixido e escrito espectáculos coma o multipremiado “Goululá”, unha obra ma que tamén participou Óscar Ferreira, titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. O seu primeiro espectáculo foi “Fíos” ao que seguiu “Babs” e o terceiro que teñen xa en cartel é “O soldadiño de chumbo”.
O espectáculo, recomendado para público familiar con nenos de 1 a 6 anos, ten unha duración de 40 minutos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o sábado ás 13h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes na Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Baobab Teatro con “Babs”
Data: Sábado, 22 de marzo ás 19h
Lugar: No Teatro Municipal
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou o sábado dende ás 17.30 no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário