Na mañá de hoxe, mércores 13 de febreiro, o deputado provincial Pablo Baquero Álvarez xunto ao alcalde de Tui, Móisés Rodriguez Pérez, a quen acompañaba a concelleira de servizos sociais, Olga Montes Moldes, fixeron entrega á Residencia “San Telmo” de Tui dunha achega económica aprobada pola Deputación Provincial de Pontevedra por un importe de 18.000 euros. O importe desta aportación económica está destinada para o subministro de maquinaria de hostalería,
Esta axuda económica está destinada para realizar diversas obras que redundarán nunha mellora da calidade de vida dos residentes deste establecemento de alongada tradición na nosa cidade. Nesta residencia está acollidos máis dun cento de persoas, na súa meirande parte da nosa contorna.
A Residencia “San Telmo” de Tui, popularmente coñecida polo seu antigo nome de “Asilo”, está rexentada polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados, cuxa superiora agradeceu tanto á Deputación Provincial como ao Concello de Tui a súa permanente colaboración para mellorar as condicións deste residencia e dos seus residentes.
Sem comentários:
Enviar um comentário