Este domingo terá lugar o primeiro partido oficial no campo municipal de Foxo – Caldelas, entre o equipo desta parroquia tudense e o Vincios, culminando un alongado proceso de dotación de céspede artificial a este térreo deportivo desta parroquia tudense que ve substancialmente mellorado este equipamento público para a práctica do deporte.
O importe desta obra acada os 234.833 euros sendo financiado nun 50% pola Deputación provincial de Pontevedra, namentres que o restante 50% é asumido polo Concello de Tui mediante un préstamo da Caixa de Anticipos da propia Deputación.
A zona na que se actuará supón unha superficie de 5.586 metros cadrados. O terreo de xogo foi explanado, nivelado e compactado na fase previa do proxecto. Nela, executouse unha capa de zahorra artificial así como unha capa de aglomerado que servirá de soporte ao céspede artificial que agora se colocará. Os lindeiros do campo contarán cunhas bandas de ancho de 2,5 metros nas do fondo e de 2 metros nas laterais. O campo contará con herba artificial, un campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, dúas bancadas para suplentes, un xogo de banderíns de córner, un marcador electrónico así como unha varanda perimetral de aluminio que delimite o terreo de xogo. Complétase a intervención cunha rede de drenaxe para eliminar a auga da choiva e o sobrante do rego a través dunhas rellas situadas nas bandas
Moisés Rodríguez agradece especialmente a colaboración da Deputación Provincial para rematar este equipamento deportivo. Dende agora o municipio tudense contará con tres campos de herba sintética: o existente no complexo deportivo ´”Alvarez Durán”, o campo da parroquia de Ribadelouro e este de Caldelas, evidenciando o importante compromiso do goberno municipal tudense pola promoción do deporte base e afeccionado, neste caso no ámbito do fútbol, que disporá así duns equipamentos de alto nivel para a práctica deportiva. O alcalde de Tui congratúlase da culminación desta obra que da cumprimento ao compromiso asumido polo goberno municipal tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário