quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

O CONSERVATORIO DE MÚSICA ORGANIZA O “I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS”


A partir deste mes de febreiro cada último luns de mes o Conservatorio Profesional de Musica do Concello de Tui organiza un ciclo de concertos na Sala de Audicións do propio Conservatorio  agrupados baixo a denominación de "I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS". Conta para esta iniciativa coa colaboración do Concello de Tui,  a ANPA "Mestre Martínez Pose" do propio Centro e a Radio Municipal de Tui.
As datas concretas son de realización destes concertos son:
Luns 25 de Febreiro.
Luns 25 de Marzo.
Luns 29 de Abril.
Luns 27 de Maio.
Todos os concertos son ás 21:00h. A entrada será gratuíta ata completar o aforo.
O primeiro concerto será este luns 25 de febreiro e estará a cargo dos solistas Miguel González Diz (gaita) e Manuel Madarnás Pérez (trompeta). Con ambos músicos, de pianista acompañante actuará Rubén López López.
O programa deste primeiro concerto é o seguinte
Miguel González Diz (Gaita)
1.Luces do Atlántico de Ernesto Campos.
    * Amencer en Fisterrra
    * Cabo Home no Solpor.
2.Suite de Xotas.
    *Xota de Santa Xuliana. Recollida na Fonsagrada
    *Xota de Fonsagrada. Recollida na Fonsagrada
    *Xota de Forcarei. Arreglo de Pablo Seoane.
Manuel Madarnás Pérez (Trompeta)
1. Ave María de Schubert
2. Concerto de A. Arutunian
3. My Way de F. Sinatra

Sem comentários:

Enviar um comentário