terça-feira, 26 de fevereiro de 2013

Apertura do prazo de inscrición para a Feira de Artesanía de Tui


A Concellería de Cultura de Tui informa do prazo de inscrición para a XVII Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade no primeiro fin de semana de maio. O obxectivo é dinamizar e apoiar a produción artesanal a través da venda directa, así como potenciar o conxunto histórico de Tui. 
Os artesáns que desexen participar deberán estar en posesión da carta e artesán e deberán cubrir a solicitude que poderán recoller ou solicitar no departamento de Cultura do Concello de Tui.  A solicitude e a documentación requirida deberá ser remitida antes do 12 marzo. Existe un límite de 30 participantes. 
A feira celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22h, na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello, San Fernando e a Misericordia de Tui. 

Sem comentários:

Enviar um comentário