O Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, ten convocado un concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2013, logo da positiva experiencia dos anos anteriores cuxo prazo de presentación de traballos remata o vindeiro sábado 16 de febreiro de 2013.
Ata esa data as persoas interesadas en participar neste certame poden enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O/s autor/es tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2013, 30 de marzo – 8 de abril de 2013. Festas de Interese Turístico Galego”.
Nas bases establécese un único premio de 500 euros.
Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, con este certame pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. Rodríguez Pereira anima aos deseñadores e creadores do noso municipio a participar neste concurso.
As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.
Sem comentários:
Enviar um comentário