Na pasada semana deu comezo o Curso de Deshabituación Tabáquica que oferta o Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui. Ao curso asisten cidadáns de Tui e de localidades da contorna coma Tomiño e Porriño.
O curso levarase a cabo durante 7 sesións de hora e media, polas tardes, será unha Psicóloga quen axude aos participantes, o lugar de impartición do mesmo é na Area Panorámica. A finalización do mesmo será o día 20 de marzo.
Dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui animase a toda aquela xente que quere deixar de fumar e non o consegue a anotarse a este tipo de terapias ou pedir axuda ao seu médico.
Sem comentários:
Enviar um comentário