terça-feira, 19 de fevereiro de 2013

Os irmáns Rodríguez Iglesias triúnfan no Campionato Galego de Duatlón Cross e Leticia Fernández acada un meritorio quinto posto no Campionato de España de Pista Cuberta nesta fin de semana


Onte disputouse o Campionato Galego de Duatlón Cross, na localidade pontevedresa de Poio, onde os irmáns Rodríguez Iglesias, Rubén e Gustavo, proclamáronse Campión e Subcampión respectivamente, ao cruzar da man a liña de meta.
O circuíto constou dun tramo de carreira de 5,4 qms, un de bicicleta de 19,5 e outro a pe de 2,7 qms. Os irmáns Rodríguez remataron a proba cun tempo de 1 hora, 28 minutos e 3 segundos.
Por outra banda, no Campionato de España de Pista Cuberta celebrado en Sabadell a pasada fin de semana, a atleta tudense Leticia Fernández, logrou un meritorio quinto posto na final de 1.500 metros, cun tempo de 4.43.95, despois de realizar o día anterior en semifinais a súa mellor marca da tempada de 4.27.87. Lembrar que Leticia proclamouse Subcampiona Galega no Campionato Galego de Pista Cuberta, na proba dos 1.500 metros.
Tamen na fin de semana anterior, as atletas tudenses Uxía Pérez e Eva Cid tamén tiveron destacados éxitos no Campionato Galego de Pista Cuberta. Así Uxía Pérez, do Club Atletismo Tui-Thermalia proclamouse Campiona en 1.500 m e Subcampiona en 800 metros na categoría xuvenil. Pola súa parte, Eva Cid, que milita nas filas do S.A. Val Miñor, proclamouse Campiona en 800 e Subcampiona en 1.500 metros na categoría júnior.
O Concello de Tui felicita aos atletas tudenses polos méritos acadados e os anima a seguir adestrando e competindo ao máximo nivel.

Sem comentários:

Enviar um comentário