quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

MAÑA ABRE O PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA NA NOVA ESCOLA INFANTIL DE TUI


A partir de mañá, 21 de febreiro, e ata o 21 de marzo todas as persoas interesadas poden proceder a realizar a solicitude de reserva de praza na nova Escola Infantil de Tui que comezará o seu funcionamento no vindeiro curso escolar 2013/2014. Esta Escola Infantil oferta un total de 82 prazas.
Co inicio do proceso de matriculación desta Escola Infantil que forma parte da Rede Galiña Azul da Consellería de Traballo de Benestar da Xunta de Galicia culmínase unha vella aspiración da cidadanía tudense. Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, estamos diante dun importante fito na vida tudense ao lograr a posta en marcha desta Escola Infantil que mellora substancialmente a calidade dos servizos públicos da nosa cidade e a calidade de vida dos nosos veciños ao favorecer con este equipamento social a conciliación entre a vida familiar e laboral. Para o rexedor tudense con este anuncio se completa o traballo desenvolvido polo goberno municipal para dotar á nosa cidade deste Escola Infantil, dando cumprimento a un dos compromisos electorais. 
Esta Escola Infantil conta seis unidades (2 aulas para nenos de 0-1 anos, 2 aulas para nenos de 1-2 anos e outras dúas para os nenos de 2-3 anos de idade) así como un aula de usos múltiples, e unha zona de servizos que abrangue cociña, vestiarios, sala de profesores, despacho de dirección e espazos para as instalacións. En total esta Escola Infantil tudense contará con 514,60 m2 de superficie construída xunto a 107,75 m2 de espazos exteriores. O investimento previsto nesta Escola Infantil acada os 650.325,04 Euros. Na actualidade as obras de construcción está xa moi avanzadas.
As persoas interesadas poden obter os impresos de solicitude de matrícula na páxina web do Concello de Tui www.concellodetui.org ou tamén descargalo dende a páxina web do Consorcio Galego de Benestar: www.igualdadebenestar.org  ou www.escolasinfantis.net. Este impresos serán presentados nas Oficinas dos Servizos Sociais do Concello de Tui no seguinte horario: de luns a venres de 9:00 a 11:00 h. e os mércores de 17,00 a 19:00 h. 
O recurso do comedor así como o tipo de xornada, continua ou partida, o o horario da Escola Infantil vai a depender da demanda que exista. Por tanto, á hora de cubrir as solicitudes os demandantes deberán solicitar os horarios que consideren oportunos e necesarios e se precisan ou non de utilizar o recurso do comedor.
Hai tres requisitos fundamentais de admisión:
1. Que o ou a menor nacera xa no momento de realizar a solicitude de admisión.
2. Que o ou a menor teña un mínimo de 3 meses de idade no momento de ingreso.
3. Que e ou a menor non teñan cumpridos os 3 años o 31/12/2013.
Finalmente para o cálculo da puntuación que se terá en conta para a admisión dos alumnos se teñen en conta a situación socio-familiar, situación laboral e familiar e a situación económica da familia.
O alcalde de Tui agradece a colaboración do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia polo interese e esforzo realizado para dotar á nosa cidade deste Escola Infantil.

Sem comentários:

Enviar um comentário