quarta-feira, 6 de fevereiro de 2013

O CONCELLO DE TUI COLABORA COA DEPUTACIÓN NO PROXECTO EDUCATIVO “EMPRENDER NA MIÑA ESCOLA”


A cooperativa escolar “Manitas Monster” do CEIP nº1 de Tui recibiu esta mañá o certificado como cooperativas escolares. Esta cooperativa forma parte, neste curso académico 2012-2013, do proxecto educativo “Emprender na miña escola  EME – COOPERANOVA”, da Deputación  que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Tui.
O deputado provincial, Pablo Baquero, acompañado pola concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, entregaron no CEIP nº 1 o correspondente certificado á cooperativa “Manitas Monster”, que agrupa a 24 alumnos de 6º de Primaria.
O obxectivo deste proxecto é desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito mais eficaz e satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de competencia básicas.
Esta cooperativa “Manitas Monster” xa ven traballando no desenvolvemento do seu proxecto educativo ao longo do curso, tendo participado no mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui o pasado 23 de decembro cun stand onde vendían os seus produtos de decoración navideña.
Xa no pasado ano o CEIP nº 1 participou, con notable éxito, nesta iniciativa pedagóxica que agora con esta nova cooperativa “Manitas Monster” atopa a súa continuidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário