sexta-feira, 15 de fevereiro de 2013

Tui despide este domingo o Entroido co Enterro do Bacallau


Tui vai despedir o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau. Sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando, facendo unha parada no Palco da Música no Paseo da Corredoira para a lectura do testamento do bacallau. Logo continuarase ata o aparcamento municipal para a súa queima. 
Co gallo do enterro do Bacallau, o aparcamento municipal permanecerá pechado de 14h a 24h. Amais na rúa Seixas non se poderá aparcar entre ás 17.30h e ás 20.30h, e non se poderá circular pola mesma de 18.30h a 20h.

Sem comentários:

Enviar um comentário